/*TEMPLATE STYLES*/ /*header*/html[dir="rtl"] a.wishlist-toggle{left:80px;right: auto;}html[dir="rtl"] #header ul.menu li{text-align:right;}html[dir="rtl"] #header ul.menu li a.sub .tab{margin:0 15px 0 0;}


A detención do mozo de 24 anos produciuse en pleno centro de Vilagarcía mentres conducía o seu coche. Ao ser interrogado recoñeceuse autor dos feitos.

Pablo B.G., de 24 anos, veciño de Vilaxoán, que foi arrestado onte tarde pola Policía Nacional acusado dun delito de homicidio por imprudencia grave e outro de omisión do deber de socorro, trasladara xa o coche a Portugal para reparar, segundo fontes da investigación.


A detención produciuse en pleno centro de Vilagarcía, na Avenida de Cambados conducindo o seu coche e ao ser interrogado recoñeceuse autor dos feitos, aínda que negou que se atopase ebrio.

O turismo co que arroiou de forma mortal á vítima, un Audi A4, propiedade da súa tía, trasladouno a un taller do norte de Portugal, onde permanece, para ser reparado.

O detido está acusado de dous delitos, homicidio por imprudencia grave, tipificado cunha pena dun a catro anos e outro de omisión do deber de socorro, castigado con pena de 3 a 12 meses.

O mozo permanece na comisaria de Policía de Vilagarcía á espera de ser trasladado ao xulgado.
A Policía Local aínda non elaborou o informe, polo que se descoñece a velocidade á que circulaba, cando arroiou a Manuel Abalo no paso de peóns da Avenida da Marina , pero hai un dato elocuente, como é que o espello retrovisor apareceu a uns cincuenta metros de onde se produciu o sinistro, o que fai pensar que superaba os cen quilómetros por hora cando o limite está fixado en cincuenta.

O Código Penal está provocando a redución de accidentes, pero o comandante da Garda Civil de Tráfico, Antonio Hidalgo, declarou que «se se aprecia unha excesiva velocidade, condución temeraria ou unha alcoholemia, pódese aplicar a metade superior da pena, de dous anos e seis meses a catro, pero ese debe de ser o xuíz quen o determine á vista do informe e demais».

A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, que esta mañá se trasladou ao tanatorio de Cea onde permanece o cadáver do mozo arroiado, asegura que «estaba convencida de que a detención se ía a producir moi pronto polo traballo policial e a colaboración cidadá, que foi espectacular».

A rexedora engadiu que «está claro que temos que tomar medidas na Avenida da Marina , ou ben colocar bandas sonoras ou elevar os pasos de peóns».

A familia da vítima está gratamente sorprendida polas mostras de apoio e a colaboración prestada por moitos vilagarciáns.

Natividade, irmá de Manuel, sinalou que «eu sabia que o meu irmán era moi querido, pero non me podía imaxinar isto, foi moi emotivo ver o tanatorio cheo de mozos, a xente envorcouse connosco, quero transmitirlle a nosa gratitude e esperar que o culpable pague o que fixo».


(Fuente: EFE - La Voz)

(Foto: Martina Miser)

 
Top