/*TEMPLATE STYLES*/ /*header*/html[dir="rtl"] a.wishlist-toggle{left:80px;right: auto;}html[dir="rtl"] #header ul.menu li{text-align:right;}html[dir="rtl"] #header ul.menu li a.sub .tab{margin:0 15px 0 0;}

Os 35 atropelos que se rexistraron na vila, no que vai de ano, prenderon as luces de alarma entre os cidadáns residentes en Vilagarcía. Os habitantes desta localidade confésanse asustados polos últimos accidentes de tráfico e aseguran que están máis precavidos á hora de cruzar á rúa, sexa ou non por un paso de peóns.





Ó preguntarlle aos vilagarciáns pola causa destes atropelos, tan frecuentes na localidade, a maioría coinciden en botarlle a culpa á falta de atención, tanto por parte dos condutores coma dos viandantes. O exceso de velocidade e as imprudencias ao volante son as causas frecuentes dos accidentes de tráfico e tamén dos atropelos en Vilagarcía, segundo algunhas persoas.

Algúns viandantes confesan que a maioría dos peóns non toman as medidas de seguridade necesarias, antes de invadir a estrada Os residentes en Vilagarcía culpan ao concello de ter descoidadas as sinais que indican a existencia dun paso de peóns, polo que moitos condutores non se dan de conta destas marcas, ó que supón un risco para os viandantes Hai quen solicita máis control policial nas rúas da vila e mesmo mellores infraestruturas para o tráfico rodado.

A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, que tamén é a responsable das competencias de seguridade cidadá, anunciou que se van aumentar os controles nas rúas da localidade para evitar tan dramáticos sucesos.

(Fuente:Redacción Salnés, Canal Rias Baixas)
http://www.canalriasbaixas.com/content/view/5431/68/
 
Top