/*TEMPLATE STYLES*/ /*header*/html[dir="rtl"] a.wishlist-toggle{left:80px;right: auto;}html[dir="rtl"] #header ul.menu li{text-align:right;}html[dir="rtl"] #header ul.menu li a.sub .tab{margin:0 15px 0 0;}

Os amigos e familiares de Manuel Abalo, o rapaz que morreu no mes de maio víctima dun atropelo na Avenida da Mariña, en Vilagarcía, queren que o responsable deste feito pague polos seus actos.

As persoas máis próximas á víctima estanse a mobilizar e organizaron unha manifestación co obxectivo de que se endurezan as penas por omisión de auxilio nos accidentes de tráfico.





As liñas deste paso de peóns foron testemuñas do atropelo mortal que acabou coa vida de Manuel Abalo, na madrugada do pasado 11 de maio. Este rapaz, de 23 anos, e natural de Vilagarcía, cruzaba este paso de cebra despois de saír do bar de copas que frecuentaba habitualmente, cando o un vehículo o levou por diante.

O presunto responsable deste atropelo mortal é un rapaz da zona de Vilaxoán que, tras este accidente, se deu á fuga e tratou de fuxir a Portugal. Na actualidade, o presunto autor dos feitos está en liberdade baixo fianza á espera de que saia o xuízo.

Un feito que os amigos e familiares de Manuel Abalo non acaban de encaixar. Os amigos e familiares da víctima organizaron unha manifestación que percorrerá as rúas de Vilagarcía o vindeiro 27 de decembro para pedir que se endurezan as penas por omisión de auxilio accidentes de tráfico.

Esta plataforma de amigos e familiares da víctima comezará tamén unha recollida de firmas para que se lle retire o carné ao presunto responsable deste atropelo.

A manifestación partirá da Praza de Galicia, ás 12 do mediodía e percorrerá as principais rúas de Vilagarcía. Esta protesta rematará ás portas do Xulgado onde se lerá un escrito. A comitiva irá encabezada polos familiares e amigos de Manuel Abalo, e pola presidenta en Galicia da asociación Stop Accidentes, Jeanne Picard.

(Fuente: Redacción Salnés, Canal Rias Baixas)
http://www.canalriasbaixas.com/content/view/5529/68/
 
Top